Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 18 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Décimo sexta edición do Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos

O campionato de fútbol 8 vense celebrando tradicionalmente en Semana Santa no Campo de Fútbol de Cototorrón

O Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, acolle un ano máis o Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos, que chega nesta ocasión á súa XVI edición.

 

O torneo celébrase durante esta Semana Santa, os días 18 (xoves), 19 (venres), e 20 de abril (sábado), no Campo de Fútbol de Cototorrón, e nel participarán 500 rapaces que disputarán un total de 35 partidos. Os cativos participantes neste campionato pertencen ás categorías Prebenxamín (xogarán o día 18), Benxamín (xogarán o día 19), e Alevín (xogarán o día 20).

 

O horario do torneo será de 10.00 horas a 19.00 horas. Os tres días, xoves, venres e sábado pola tarde, a partir das 18.00 horas, disputaranse as finais e os terceiro e cuarto postos e ás 20.00 horas realizarase a entrega de premios.

 

Este torneo está organizado polo Club Louro-Tameiga. Trátase dun torneo federado pola Federación Galega de Fútbol e a Federación Española de Fútbol, e será ademais arbitrado por árbitros tamén federados.

 

Os equipos que competirán estes días en Cototorrón, cada un con diversas categorías, son: o anfitrión Club Louro-Tameiga, Real Club Celta, EF Portero 2000, SCD Arenas Alcabre, UD Santa Mariña, CD Pontellas, Rápido de Bouzas, Sárdoma CF, EF Denis Suárez, Juventud de Cambados, Pabellón de Ourense, AD Vila de Corpus, Real Club Celta Campeche (México) e Gran Peña FC.

 

Neste evento deportivo os cativos participantes poderán disfrutar duns días de competición, convivencia e deporte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.