TURISMO
Visitas guiadas e unha serie para divulgar o patrimonio vivo da Ribeira Sacra
O episodio 3 de Adegas da Memoria, que tratará a vida ribeirá antes da construción dos encoros do franquismo, estré ase este xoves 18 ás 20:00
O terceiro episodio da serie-documental Adegas da Memoria falará da vida na Ribeira e a cultura fluvial, así como a transformación que sufriron coa construción dos embalses nos anos 60. Farao a través de testemuñas de veciños de Vilachá, parroquia da Pobra do Brollón no corazón da Ribeira Sacra.
O episodio estará dispoñible online este xoves 18 a partir das 20:00. “Queremos amosar como os embalses e a consecuente modificación do río Sil, transformou totalmente a vida ribeirá, dende a actividade pesqueira ata as relacións entre os veciños de ambos lados do río” explica Iago Seoane, un dos realizadores da serie.
Equinoccio da primeira tempada
A serie documental Adegas da Memoria enmárcase nun proxecto homónimo que propulsa o Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá para dinamizar a parroquia dende a perspectiva dos veciños. Ademais, coa colaboración do Incipit-CSIC, estase a realizar o primeiro gran estudo multidisciplinar sobre as orixes da Ribeira Sacra.
O episodio 3 que se estrea esta semana é o penúltimo da primeira tempada, ‘A Humanidade do Patrimonio’, na que son os veciños os que presentan ao espectador o seu territorio. O prólogo da serie e os dous primeiros episodios (Nacer viño e Somos soños) teñen cerca de 4.000 visualizacións.
Ademais, este mércores, xoves e venres ofrécense visitas guiadas gratuítas para coñecer as adegas de Vilachá e outros lugares icónicos da parroquia
“Trátase de ofrecer unha visión distinta da Ribeira Sacra, máis alá da prototípica imaxe de postal, e a cantas máis persoas podemos chegar, mellor”, comenta o técnico de cultura do Concello, Xosé Gago. “Nun momento tan crucial para a Ribeira Sacra pensamos que é fundamental dar voz e poñer o foco nas persoas que viven e traballan aquí.”
Os vídeos publícanse na web do proxecto (adegasdamemoria.com) e nas súas contas de Vimeo e Facebook (@adegasdamemoria).
Visitas guiadas gratuítas
Esta semana santa tamén haberá ocasión de coñecer Vilachá de primeira man, dentro do programa de visitas guiadas que ofrece o Concello da Pobra do Brollón. As visitas sairán este mércores, xoves e venres ás 11:00 dende as icónicas adegas de Vilachá. Comezarán cun pequeno paseo ata o miradoiro da Capela, con impresionantes vistas sobre o río Sil e as viñas. Á volta do paseo, que tamén pasará por outros lugares simbólicos de Vilachá, pararase nas adegas para admirar a súa arquitectura tradicional e para quen queira tomar un viño.
As visitas son gratuítas. O viño cobrarase, ou non, segundo criterio dos adegueiros. Para máis información ou reservas, os interesados poden contactar no teléfono 650624828.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163