Miércoles, 24 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán ofrece este venres o concerto inaugural da Camerata Santart

Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30. Os músicos interpretarán o Septimino de Beethoven e o trío de cordas D147 de Schubert

[Img #52387]O Concello de Nigrán, co apoio da Deputación de Pontevedra, continúa a programación de Semana Santa a través do ciclo Peregrinos Musicales, ofrecendo o venres 19 ás 20:30 no Auditorio Municipal o concerto inaugural da Camerata Santart, composta por músicos da Real Filharmonía de Galicia (Anca Smeu Sain ao violín; Timur Sadykov á viola; Thomas Piel ao chello; Carlos Méndez ao contrabaixo; Emilio Alonso ao clarinete; Manuel Veiga ao Fagot; e Alfredo Varela á trompa). A entrada é de balde ata completar aforo.


O repertorio comenzará co Septimino de Beethoven e o trío de cordas o D147 de Schubert. O Septimino ten a forma antiga do divertimento ou a serenata, en seis movementos, da que evoca tanto o espíritu como a liberdade de realización, amosándose, a fin de contas, moi próximo ao estilo de Mozart e Haydn. O Allegro do Trío D. 471 o calificou Alfred Einstein como "moi gracioso, un pouco mozartiano, fluido e armonioso". Schubert comezou a compoñer este trío en septembro de 1816, pero só terminou o primeiro movemento.


“De novo unha importante para todos os amantes da música en Nigrán, é un orgullo poder traer aos músicos da Real Filharmonía de Galicia”, suliña o alcalde, Juan González. A súa posta en escea, a súa sonoridade impactante, e a forza e a paixón que entregan ao público son o seu principal selo de identidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.