Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Museo de Pontevedra volve ampliar a súa oferta de visitas guiadas durante a Semana Santa

Entre os domingos 14 e 21 de abril oferta dúas visitas diarias para coñecer as xoias artísticas máis representativas de cada época histórica que forman parte da súa colección permanente

A partires de mañá, sábado 13 de abril, e ata o 31 de outubro permanecerán abertas ao público as Ruínas de San Domingos, o que se sumará á ampliación da oferta de visitas guiadas que o Museo ofrece para o período da Semana Santa. Atendendo a que esta festividade implica habitualmente máis días de lecer e visitas de persoas de fóra da cidade, o Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra amplía o programa de visitas guiadas, co obxecto de establecer novos itinerarios pola colección permanente. A participación, como vén sendo habitual, é de balde.

 

Ao igual que se fixera no ano anterior, as persoas que o desexen poden participar nun itinerario comentado que se deterá nas obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento e que, nesta ocasión, inclúe tamén o cadro Retrato dun médico de El Greco e que está temporalmente cedido polo Museo del Prado. Trátase dun periplo histórico-artístico que permite un achegamento á historia da arte galega partindo da colección de pezas prehistóricas e da antigüidade coa que conta o Museo e facendo todo un percorrido ata os e as grandes artistas dos séculos XX e XXI. Estas visitas terán lugar desde o domingo 14 de ao domingo 21 de abril –luns pechado– e haberá dúas opcións de horario. Pola mañá ás 12h –domingos e festivos só neste horario–, e pola tarde, ás 18 horas. O punto de encontro establécese no mostrador do Sexto Edificio e non é necesaria inscrición previa.

 

No período de Semana Santa tamén será posible visitar as Ruínas de San Domingos, que se abrirán ao público a partires deste sábado 13 de abril. Os horarios das visitas comentadas serán de martes a venres non festivos, ás 17:30 h; e os domingos e festivos, ás 12 h. Tampouco é preciso inscrición previa.

 

Para a que si será preciso inscrición previa será para ‘A ruta do Museo'. Este itinerario seguirá tendo lugar en sábado, ás 11:30 h, e propón unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia. O punto de encontro son as Ruínas de San Domingos e soe durar uns 90 minutos. Para participar é necesaria a inscrición previa a través do enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ao teléfono 986 804 100 extensión 42413.

 

Á marxe destes itinerarios sinalados, todos os grupos que queiran realizar unha visita ao museo a través do seu servizo gratuíto de guías e da súa ampla oferta de percorridos comentados, é necesario que concerten previamente cita co Gabinete Didáctico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.