Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 19 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Tui

Rueda e Pastor visitan o "mercado dos xoves" de Tui

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda. a número un da candidatura ao Congreso dos Deputados pola provincia, Ana Pastor, a candidata ao Congreso Ana Cristina Pérez, o candidato ao Senado, Salvador González Solla, e o candidato do PP á alcaldía de Tui, José Ángel Fernández, visitaron este mediodía o "mercado dos xoves" da vila tudense, e deron un paseo polo centro da localidade, conversando con veciños e comerciantes e explicándolles o proxecto do Partido Popular.

Os candidatos e membros do Partido Popular visitaron a recén inaugurada sede de campaña do PP de Tui, onde felicitaron aos voluntarios e integrantes da agrupación local pola labor que están a desempeñar de cara as eleccións do 28 de abril e que con toda seguridade continuará de cara ás eleccións de maio e fará a José Ángel Fernández alcalde de Tui.

O presidente Rueda aproveitou a visita para destacar a forza do PP en Tui, no Baixo Miño e en toda a provincia, así como o traballo incansable que está facendo a estructura do partido de cara a estas eleccións: «Non paramos en Semana Santa, senón que seguimos coas pilas moi cargadas. Antes estivemos en Bueu con moitos veciños, agora tivemos unha gran acollida en Tui; e ese é o noso obxectivo, chegar ao maior número de xente posible para facerlles chegar as propostas do PP, e transmitirlles a garantía de que somos o único valor seguro nas próximas eleccións».

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.