Galicia
Luís Villares: “Na foto do tándem PSOE-Podemos nunca sae Galicia”
Despoboamento, falta de oportunidades, desempregro son algúns dos problemas que a cidadanía do oriente ourensán puxo e manifesto ás candidatas de En Marea nos actos desenvolvidos no Barco de Valdeorras e Trives. Nestes actos, o voceiro de En Marea, Luís Villares apuntou que o despoboamento ten moitas causas, entre elas a falta de oportunidades e expectativas para a xente nova. Villarese sinalou tamén que as actitudes dos gobernos pesa moito nesta falta de oportunidades e acusou ao tándem formado por PSOE-Podemos na anterior lexislatura de non ter “un compromiso con Galicia e coas súas auténticas necesidades, máis ala de considerar o subsidio”. O voceiro de En Marea explicou en Trives que no “retrato do tándem PSOE-Podemos Galicia nunca sae”.
No mitin celebrado na Casa da Cultura de Trives, no que Villares estivo acompañado polo candidato número 1 ao Congreso por Ourense, Iván Olmos, polo deputado galego Davide Rodríguez, pola candidatas Ana Early, Sonia Couso, Jorge Vázquez e Iolanda Pérez, o voceiro de En Marea inisitiu na idea da falta de compromiso que Podemos e o PSOE teñen historicamente con Galicia. Villares apuntou que non era cousa de falar nos “mítines e nas entrevistas sobre promesas, hai que falar de feitos e o feito é que os últimos orzamentos do PSOE, respaldados por Podemos, prexudicaban seriamente a Galicia”. Villares lembrou que En Marea se opuxo firmemente a eses orzamentos porque non “servían para desenvolver Galicia e consideraban que subsidiala era suficiente”. Villares acusou tanto a PSOE como a Podemos de facer de non falar cando deben, “nos orzamentos” e logo facer fotos nas que “Galicia nunca sae”. O voceiro criticou tamén que cando PSOE e Podemos falan de Galicia parecen considerar que ofrecendo “subsidios está todo amañado, e isto non é o que precisa Galicia para ter futuro, que é xusto o que En Marea conseguir para Galicia”.
Villares apuntou que cando se tentan aprobar uns orzamentos “nos que non se inclúen inversións en Galicia suceden cousas como que desaparecen os postos de traballo que fixan poboación no territorio, desaparecen os servizos que o Estado debe prestar, como é o caso de rexistro civil de Trives, e o rural vaise empobrecendo cada vez máis”. Neste sentido, Villares sinalou que a foto dos últimos orzamentos era moi clara de cal é a posición de cada quen fronte a realidade e as necesidades de Galicia”.
No mesmo sentido se expresou Iván Olmos, quen culpou ao Partido Popular “que goberna na Deputación e en moitos concellos e na Xunta” do despoboamento da provincia de Ourense. Segundo o candidato “é preciso poñer o foco en medidas para revitalizar o rural e combater o despoboamento, que é un dos principais problema da provincia”. “Somos os únicos que estamos poñendo enriba da mesa a loita contra o despoboamento desde unha perspectiva transversal e defendemos que para asentar poboación ten que haber servizos públicos de proxximidade e oportunidades laborais dignas”, asegurou o candidato.
Olmos sinalou tamén que é necesario entender os sectores chave da provincia e buscar solucións que non poden ser parciais, “temos que ter en conta sectores como o vitivinícola, a castaña, temos que ter en conta a necesidade dunha industria e unha mineiría sustentable e que as medidas que se tomen vaian aparelladas para que a xente poida volver e a que estea aquí non teña que marchar”.
O deputado no Parlamento de Galicia, Davide Rodríguez, exalcalde de Manzaneda, apuntou no mesmo sentido “A comarca de Trives é cada vez máis vulnerable e dependente por mor das políticas de abandono que o PP leva practicado durante os últimos anos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11