Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 20 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As e os socialistas visitan a feira do requeixo e a mel das Neves

As candidatas e candidatos ao Congreso Olga Rodríguez Puga, María Pérez y Miguel Ferreiroa visitaron o típico encontro da man do candidato á alcaldía, Marcelino Couto

O Venres Santo membros da candidatura socialista ao Congreso dos Deputados achegáronse á Feira do Requeixo e a Mel das Neves, onde coñeceron as peculiaridades deste produto típico da zona da man do candidato á alcaldía, Marcelino Couto.

 

Olga Rodríguez Puga, María Pérez y Miguel Ferreiroa aproveitaron a ocasión para expoñer o proxecto socialista para as próximas eleccións xerais. “Desde aquí queremos reivindicar a España feminista da que o Goberno de Pedro Sánchez fai bandeira”, sinalou Rodríguez Puga, poñendo como exemplo a composición do Goberno, onde “dou mostras do que ía ser o seu mandato”, repleto de decisións a favor da igualdade entre homes e mulleres.

 

“Sempre dicimos o mesmo, pero é a realidade: estamos ante unhas eleccións moi importantes”, apuntou pola súa parte Ferreiroa. “O 28 de abril decidimos se seguimos avanzando en dereitos sociais, igualdade, benestar social e ecoloxía ou o retroceso da dereita máis rancia que quere sacar nesta campaña debates que xa están pechados”, denunciou, poñendo como exemplo o aborto ou a lei de violencia de xénero.

 

“España non se pode permitir o que sucedeu en Andalucía”, continuou Ferreiroa, onde a desmobilización do electorado de esquerdas permitiu “un goberno da dereita e a ultradereita”. “Non nos podemos confiar, é moi importante ir votar para conseguir unha ampla maioría que nos permita seguir cos venres sociais”, finalizou.

 

O candidato socialista á alcaldía, Marcelino Couto, agradeceu a visita das e dos candidatos ás Cortes Xerais ao concello e animou á veciñanza a “poñer a Pedro Sánchez de novo no Goberno”, o primeiro paso para que nas Neves “haxa un goberno do mesmo color que se axeite ás necesidades das e dos cidadáns”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.