Salvaterra de Miño
Catro persoas feridas en Salvaterra de Miño nun incendio urbano
Catro persoas foron trasladadas tras declararse un incendio no interior da súa vivenda no cuarto piso do número 23 da Rúa Curros Enriquez, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. Os demais veciños tiveron que ser desaloxados por precaución.
Todo ocorreu ás 02:00 horas da madrugada de hoxe, cando un dos moradores da vivenda afectada chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda. A partir desa chamada de alerta, varios veciños contactaron co persoal do 112 para informar do mesmo.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Baixo Miño, do GES-SPEIS Ponteareas, da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez no punto, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que ardeu a superficie dun colchón por causas que ata o momento descoñécense.
Os catro moradores da vivenda afectada foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia e, debido á acumulación de gas no interior do inmoble, foron orientados a non volver ao seu domicilio ata o día seguinte. Os demais veciños puideron regresar ás súas casas tras quedar o lume sufocado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217