Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Arranca a cuarta edición de DepoRúArte

Esta cuarta edición propón ás mozas e mozos de cinco centros educativos da provincia reflexionar sobre os dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia “DepoRúArte” chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES Indalecio Pérez Tizón en Tui, vanse desenvolver sesións teóricas e prácticas nas que se propón á mocidade unha actividade artística e lúdica para potenciar movementos de participación e cooperación social ao redor dos ODS.

 

Nesta cuarta edición de “DepoRúArte” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo implicar á mocidade de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato nos ODS, para que sumen propostas encamiñadas á adopción de medidas para poñer fin á probreza, protexer o planeta, loitar contra a desigualdade e asegurar a prosperidade. Deste xeito, a iniciativa propón unha sesión formativa, na que se presenta ao alumnado o proxecto e se abordan os detasete ODS, e outra práctica encamiñada a plasmar nun mural- graffiti as súas reflexións.

 

 

 

 

“DepoRúArte” abrangue sesións formativas e unha sesión práctica na que mozas e mozos plasman as súas ideas sobre os ODS nun graffiti

 

 

 

 

Na sesión formativa, que xa se desenvolveu no CPI Toural de Vilaboa e IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, unha pedagoga especializada en escolar, social e xestión cultural presenta ao alumnado o proxecto e configura grupos de traballo para abordar os dezasete ODS entre os que se atopan o fin da pobreza, fame cero, saúde e benestar, educación de calidade, igualdade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente e crecemento económico, industria e innovación, reducaión das desigualdades, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo responsables, acción polo clima, vida submarina, vida de ecosistemas terrestres, paz xustiza e institucións sociais e alianzar para lograr os obxectivos.


Trala parte formativa terá lugar a sesión práctica, na que o alumnado vai elaborar o mural-graffiti. Neste eido, as mozas e mozos terán a oportunidade de plasmar as súas reflexións  pintando unha superficie coa axuda dun graffiteiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.