Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 26 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda informa do prazo de solicitudes para os Campamentos da Xunta

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019, ofértanse 9834 prazas para mozas e mozos de 9 aos 30 anos en campamentos, campos de voluntariado, programas de intercambio con outras comunidades e actividades concertadas.

 

Poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.


Esta nova campaña de verán incorpora tres campamentos: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.


Accións de voluntariado
Tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían ata este ano como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

 

Requisitos: -Os/as nacidos/as no ano 2001 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento. -Os/as nacidos/as no ano 2010 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.


A adxudicación das prazas será por sorteo.


As familias monoparentais con certificado terán un desconto do 50% Os familias que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%


O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de maio , máis información na OMIX da Guarda ou na web de xuventude da Xunta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.