Sábado, 18 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 26 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

Mozos e mozas de Oia, protagonistas dun videoclip contra o acoso escolar

 

Mozos e mozas de Oia protagonizan o videoclip da canción “You’re not Alone”, no que se aborda a problemática do bullying. Este vídeo musical, de recente lanzamento, é o resultado da colaboración dos DJs e produtores  baioneses Ludwig Van Brothers en e a cantante Annie Rose.

 

A canción quere enviar a mensaxe de que, ante calquera dificultade debemos seguir a nosa forza interior, porque non estamos sos. Partindo desta reflexión, o videoclip céntrase na problemática do acoso escolar e ten como protagonistas a un mozo e a unha moza de diferentes idades.

 

Realizado e producido por Samaín Producións, o audiovisual é froito de varias sesións de gravación desenvolvidas durante o pasado mes de marzo en diversos puntos de Oia e Baiona. Entre as localizacións escollidas para a rodaxe destaca o CEIP Mestre Manuel García (situado na parroquia de Santa María de Oia), así como varios puntos da costa de ambos municipios.

 

“Non estás só/soa”

Cun estilo musical electro house de festival, o tema “You’re not Alone” (non estás só/soa) xorde da colaboración de Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose, quen tamén é responsable da letra.

 

O videoclip foi lanzado o pasado venres 19 en plataformas dixitais e pode verse na seguinte ligazón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.