GALICIA
Medio Ambiente formará en abril a produtores, distribuidores e xestores na xestión de pilas e residuos electrónicos
O departamento que dirixe Ángeles Vázquez organiza este mes catro xornadas para dar a coñecer o actual marco legal e as obrigas existentes por parte dos fabricantes e das empresas encargadas de xestionar este tipo de residuos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará este mes de abril catro xornadas formativas sobre xestión de pilas e acumuladores así como de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) de orixe industrial. Estas sesións van dirixidas aos diferentes axentes e colectivos implicados na produción e no tratamento posterior deste tipo de refugallos nas distintas fases do proceso, polo que entre os asistentes haberá fabricantes, distribuidores e instaladores, así como asociacións e entidades representativas do sector, transportistas e xestores destes residuos.
A primeira das xornadas celebrouse o 11 de abril nas instalacións da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago, e hoxe impartiuse a segunda sesión no concello pontevedrés de O Porriño, concretamente nas instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Todos estes foros enmárcanse no paquete de accións formativas e de traballo que contempla o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), aprobado pola Xunta no ano 2016 como unha ferramenta de planificación en materia de prevención e xestión dos residuos de orixe industrial.
Con este tipo de actividades, o obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é achegar e dar a coñecer o actual marco legal polo que se regula a xestión de pilas e RAEE industriais, e as principais obrigas existentes tanto desde o punto de vista dos produtores como dos xestores.
No caso concreto da xornada en O Porriño, cuxa apertura correu a cargo da subdirectora xeral de Residuos, Verónica Tellado, a sesión comezou facendo un repaso pola situación da xestión en Galicia de pilas e RAEE industriais. Así mesmo, tamén houbo unha ponencia sobre baterías de coches eléctricos por parte dun colaborador do CTAG, e no último bloque da sesión abriuse unha mesa de debate sobre a preparación para a reutilización e a obsolescencia programada destes residuos no marco da economía circular.
Próximas xornadas
En total, están previstas catro sesións no mes de abril centradas na xestión de pilas e RAEE industriais. As seguintes xornadas celebraranse nos días e lugares que se indican a continuación, aínda que poderían sufrir algún cambio en función do número de inscritos.
O PORRIÑO
23-04 Centro Tecnolóxico de Automoción
A CORUÑA
24-04 Salón de Actos Edificio Administrativo de Monelos
LUGO
29-04 Asoc. Provincial Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios
Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre as xornadas de xestión de pilas, acumuladores e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos previstas ao longo deste mes poden facer a súa consulta no teléfono 981 54 10 45 ou enviala ao enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal. Así mesmo, as inscricións para participar como asistentes nalgunha destas sesións deberán tramitarse no seguinte enlace.

|
O PORRIÑO |
23-04 Centro Tecnolóxico de Automoción |
|
A CORUÑA |
24-04 Salón de Actos Edificio Administrativo de Monelos |
|
LUGO |
29-04 Asoc. Provincial Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios |
Todas as persoas interesadas en obter máis información sobre as xornadas de xestión de pilas, acumuladores e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos previstas ao longo deste mes poden facer a súa consulta no teléfono 981 54 10 45 ou enviala ao enderezo electrónico residuos-priga.medio-ambiente@xunta.gal. Así mesmo, as inscricións para participar como asistentes nalgunha destas sesións deberán tramitarse no seguinte enlace.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11