O PORRIÑO
O BNG pedirá explicacións a De La Torre pola paralización da adxudicación a dúas obras
A xunta local de Goberno acordou a instancia da Alcaldesa desistir da licitación da obra “Construcción de rotonda e beirarrua no camiño de conexión entre A Pontenova e o torreiro da Guía”. Obra que "fora solicitada, polo goberno municipal, con cargo ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que estaba e fase de presetación de ofertas previa a súa licitación. Constaba no expediente a dotación orzamentaria, por un importe de 463.007´15 € e os informes favorábeis tanto de intervención como do servizo de urbanismo" segundo explican dende o BNG.
Dende o Bloque Nacionalista galego consideran que "este tipo de decisión de renunciar aos proxectos presentados ao Plan Concellos , previamente tamén renunciou o goberno a obra de hunmanización da Avda. de Galicia por un importe de 604.000€, é unha clara mostra da falla de proxecto político e planificación do goberno Goberno municipal".
Na resolución do acordo de renuncia da obra “Construcción de rotonda e beirarrua no camiño de conexión entre A Pontenova e o torreiro da Guía” non se recolle ningunha motivación que xustifique tal renuncia.
A construción da rotonda da Pontenova fora unha proposta "feita polo BNG aos orzamentos municipais do 2018 e ampliada na solicitude a deputación coa urbanización do camiño da Guía. Está é unha vella demanda dos veciños e veciñas da parroquia de Atios na procura de mellorar a comunicación e a seguridade viaria no cruce da Pontenova" segundo explican.
O BNG ve "inxustificable esta decisión é pedirá a Eva García De La Torre explicacións pola renuncia da obra e solicitará que se manteña a licitación da obra".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163