Provincia
Carmela Silva recibe ao novo director do Museo de Pontevedra
A presidenta eloxiou a traxectoria de Rey García e o seu obxectivo de "centrar o Museo no século XXI sen deixar de ollar ao pasado.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Cultura, Xosé Leal, recibiu hoxe no Pazo provincial ao novo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García. "Con toda a súa traxectoria, é unha garantía de moitas primaveras, veráns, outonos e invernos marabillosos. Grazas polo seu compromiso coa provincia e co Museo. Quero que saiba que vai contar con todo o noso apoio", declarou a presidenta.
Silva tamén salientou que "hoxe, a cultura, é un elemento fundamental de atracción de visitantes e o Museo ten que ser o corazón desa atracción". Engadiu que "é un dos museos máis importantes do Estado. É unha institución que contén toda a nosa historia e tamén a dos pobos cos que nos relacionamos. Ademais, é un instrumento fundamental para que a cultura se converta nunha potencialidade e nun instrumento de desenvolvemento da provincia". Tamén quixo engadir que é preciso "centrar o Museo no século XXI sen deixar de ollar o pasado".
Pola súa banda, José Manuel Rey García asegurou que "todo o mundo sabe o capital simbólico do Museo de Pontevedra e, neste sentido, entendo a responsabilidade que asumo". Continuou a súa intervención explicando que quere "manter a súa esencia pero mirando máis lonxe, abrindo o foco, apostando polas liñas dos grandes referentes do país: a calidade, a innovación, a xeración de ideas e a conversión do Museo nunha factoría de coñecemento, de emocións e de experiencias". "Teño unha ilusión moi grande por intentar facer do Museo unha institución máis grande do que é nestes momentos", indicou.
Rey García tamén declarou que o seu primeiro paso "vai ser coñecer profundamente a situación do Museo, e logo comezar a planificar o futuro inmediato". Entre as liñas xerais que mencionou durante a súa intervención, están as de "reforzar a participación, o debate crítico e a inclusión social na que todas as persoas se vexan reflexadas no Museo". Así mesmo, puxo o foco "en mellorar a accesibilidade non só física, senón cognitiva e sensorial para que todo o mundo poida visitar o Museo en condicións de igualdade", así como na creación de sinerxías.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11