SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta inicia as obras de construción duhna senda peonil na estrada PO-402
A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supón un investimento superior aos 48.000 euros e dispón dun prazo de execución de 2 meses
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezaba este martes as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-402, para conectar os núcleos de Fiolledo e As Chans, no Concello de Salvaterra de Miño.
Esta actuación da Consellería de Infraestruturas de e Mobilidade supón un investimento superior aos 48.000 euros e a empresa adxudicataria, Construcciones Vale S.L, dispón dun prazo de execución de 2 meses, desde o inicio da mesma.
Tratase dunha intervención que ten por obxectivo a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo da estrada autonómica que comunica Oleiros e Vilasobroso, na parroquia de Fiolledo.
Os traballos prevén a execución dun itinerario peonil pola marxe esquerda desta estrada de 240 metros de lonxitude e case 2 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 1+330m conexión coa beirarrúa de Fiolledo e o p.q. 1+570 (inicio da senda executada en 2017) ata o p-q 2+265, á altura de As Chans.
Nestas obras inclúese a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e preinstalación para alumeado público e telecomunicacións, así como como a correspondente sinalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217