Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 25 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda presenta "un equipo comprometido que une mocidade e experiencia"

O candidato popular á alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, asegura que a súa intención e “dar voz a todos os sectores da poboación e de todas as idades para representar á auténtica Salceda e ser eficientes para os veciños” porque “temos proxecto e é hora da Salceda con ilusión”

O PP de Salceda de Caselas fixo público o equipo que conforma a súa candidatura á Alcaldía, encabezado por Santiago Rodríguez Davila, quen asegura que se trata dunha lista que une “mocidade e experiencia” e composta por persoas formadas e “comprometidas co seu pobo”. Ademais, “entre as 23 persoas que a conforman hai representantes de todas as parroquias de Salceda porque, o contrario do que ocorre agora, somos un equipo que traballará para o centro urbano coa mesma intensidade que para as parroquias e quen mellor que os seus veciños para buscar solucións as súas necesidades”, explica Davila.

 

Outro dos obxectivos desta candidatura, a xuízo do seu candidato que asegura que “é hora da Salceda con ilusión”, foi dar voz a todos os sectores da poboación a través de veciños de Salceda de diferentes idades e situacións persoais, así “gobernaremos para todos porque teremos moi presentes as demandas das familias, dos mozos, dos nosos maiores e tamén dos diferentes sectores económicos e sociais que forman parte do día a día do noso pobo, en definitiva dos veciños de Salceda”.

 

Neste sentido, agradeceu a “xenerosidade” de todas as persoas que lle acompañaron ao longo dos últimos catro anos, tanto formando parte da corporación local como tamén no comité local, por “confiar no meu proxecto e por manterse ao meu lado todo este tempo”.

 

Rodríguez Davila tamén recoñeceu a quen se integra por primeira vez na súa candidatura, son nove, o que significa unha renovación do 40%, deles, dentro dos dez primeiros postos van tres, e á súa vez, cinco persoas da candidatura van por vez primeira nos dez primeiros postos. Aínda que para o candidato popular “todos, independentemente do posto no que vaian, son igualmente importantes porque o que importa é o equipo e non o número, só así conseguiremos ser eficientes para os cidadáns”.

 

Lamenta o candidato o non poder incluír a moitos compañeiros do comité que se tiveron que quedar fóra da lista, “sinto moito non poder engadir a moitos outros compañeiros do comité local, xa que a lei non o permite, porque no PP salcedense temos un gran banco”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.