A GUARDA
Olga Alonso e Modesto Pose apoian a Lomba para solucionar a situación do litoral de Lamiña
A candidata e candidato ás Cortes Xerais achegáronse este mércores á Guarda para escoitar as propostas da veciñanza da vila fronteiriza
Olga Alonso e Modesto Pose participaron este mércores nun encontro organizado pola agrupación municipal da Guarda na que brindaron o seu apoio ao actual alcalde e candidato á reelección, Antonio Lomba, para buscar unha solución á praia da Lamiña.
Como expuxo o alcalde, que se mostrou agradecido pola visita de Alonso e Pose á vila, defendeu que desde A Guarda “solemos facer alegacións aos Orzamentos xerais” ao ter o Estado competencias en diferentes ámbitos que afectan á vila. Un destes temas refírese á situación do litoral da Lamiña, na desembocadura do Miño, dependente de Costas do Estado ao tratarse de territorio fronteirizo.
“Nós reclamamos unha actuación de emerxencia que aínda non se produciu”, defendeu Lomba. “Temos claro o que hai que facer alí, unha escollera permanente que evite o continuo deterioro do litoral e que rexenere a praia”, sinalou, mostrándose seguro de que con un Goberno socialista “que gañe con suficiente folgura como para gobernar” haberá colaboración entre ambas administracións para axilizar este proxecto. Lomba quixo recordar ademais que este deterioro que sufre o litoral “pode rematar provocando unha modificación da liña de fronteira entre España e Portugal” debido á perda de territorio.
“Desde aquí mostramos o noso compromiso a trasladar as reivindicacións da veciñanza ás institucións do Estado”, asegurou a cabeza de lista ao Congreso. Alonso explicou que manter o goberno socialista de Pedro Sánchez votando socialista o próximo domingo asegura “máis apoio desde Madrid para as demandas desta vila, porque alí estaremos as e os deputados socialistas para asegurarnos dilo”.
“Queremos que o cambio siga durante catro anos máis”, sentenciou Alonso, que puxo como exemplo a figura de Antonio Lomba e as transformacións levadas a cabo polos gobernos socialistas na Guarda. Unha afirmación que apoiou o actual senador e candidato á Camara Alta, Modesto Pose. “Lomba é un magnífico alcalde”, sentenciou.
“A Guarda é un pobo co que as e os socialistas sempre estivemos comprometidos”, defendeu o candidato ao Senado, que puxo como exemplo os investimentos levados a cabo polo goberno de Emilio Pérez Touriño. Pose apelou ao “namoramento” mutuo entre as e os guardeses e o Partido Socialista, “un partido imprescindible” para entender a historia deste país. “Esperemos que o próximo domingo e dentro dun mes, nas eleccións municipais, siga sendo así”, finalizou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22