GALICIA
Actividades formativas con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) ofrece ata o 30 de abril cinco xornadas técnicas, talleres formativos e participará nun simulacro de desaloxo
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), organiza ata o vindeiro 30 de abril un calendario de actividades con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, que se celebra o vindeiro domingo, 28 de abril.
Este ano, a efeméride estará centrada no centenario da Organización Internacional do Traballo (OIT), facendo balance da súa contribución neste tempo e mirando cara ao futuro e cara os cambios que se están producindo en eidos como a tecnoloxía, a demografía, a organización do traballo e o cambio climático.
Desde o Issga estanse a ofrecer, ao longo destes días, un total de 5 xornadas técnicas, un taller formativo e, ademais, participará no simulacro de desaloxo de Navantia Ferrol o vindeiro luns, 29 de abril.
En concreto, dentro do salón Previsel, que se celebra en Ourense, esta mañá está tendo lugar unha xornada sobre o coidado das persoas con dependencia analizando os factores boiolóxicos e psicosociais. Mañá o centro Issga de Pontevedra ofrecerá unha xornada sobre o novo regulamento de equipos de protección individual e o martes, 30 de abril, o centro Issga de Lugo albergará unha actividade sobre o risco químico en salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza. De xeito paralelo, estase a celebrar unha escola de prevención de transtornos muscoesqueléticos para traballadoras do mar tanto en Baiona (Pontevedra) como en Mugardos (A Coruña).
Estas actividades enmárcanse na aposta da Xunta pola promoción dunha cultura baseada na seguridade e na saúde de traballo, na que seguirá avanzando, complementando a actividade de control con campañas e xornadas informativas dentro da súa Estratrexia de seguridade e saúde no traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11