VIGO
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no Río Zamáns
Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola parroquia de Valadares
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Zamáns, no Concello de Vigo.
Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso pola parroquia de Valadares (Santo André), na entorna do polígono de Zamáns.
As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte, que desenvolve o Goberno galego
A Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.
Con estes tipo de intervencións Augas de Galicia traballa na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11