MUNDO EMPRESA
Empresas innovadoras estudan as vantaxes de traballar coa adminstración en I+D
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presentou a xornada ‘Solucións innovadoras orientadas á demanda pública’ onde se presentou o novo programa de Compra Pública Precomercial do CDTI e na que defendeu a aposta pola Compra Pública Innovadora
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada Solucións innovadoras orientadas á demanda pública, celebrada a semana pasada en Santiago de Compostela e que tivo por obxectivo achegar ás empresas innovadoras implantadas en Galicia as vantaxes da Compra Pública Precomercial a través dun taller formativo e da presentación do programa neste eido do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), que destinará 9M€ ás entidades galegas.
Na súa intervención, Argerey destacou o compromiso do Goberno galego coa Compra Pública Innovadora, un instrumento útil para impulsar a innovación desde a Administración que exerce un papel tractor desde a demanda dado o volume total da contratación pública. A directora defendeu a necesaria aposta pola Compra Pública Precomercial (CPP), unha modalidade de contratación que permite á Administración adquirir solucións e produtos de I+D que poden derivar en prototipos que cubran as necesidades do sector público, e na que comparte riscos coas empresas e axentes que os desenvolven.
Argerey subliñou que Galicia é un referente na aplicación destes instrumentos que permiten, entre outras cuestións, mellorar a prestación dos servizos á cidadanía e aforrar en gasto público. Puxo como exemplo o traballo que se está a desenvolver no Polo aeroespacial de Galicia, cuxo programa de I+D emprega a fórmula da Compra Pública Precomercial nos proxectos que se están desenvolvendo con Indra, Babcock e Boeing.
Galicia é un referente nesta modalidade de contratación onde o Polo aeroespacial de Rozas é un exemplo
A directora animou ás empresas participantes na xornada a presentar proxectos ao CDTI capaces de xerar demanda por parte da Administración a través da CPP xa que, asegurou, esta modalidade permítelles contar cun primeiro cliente de referencia, lanzar tecnoloxías disruptivas, compartir riscos e beneficios, desenvolver tecnoloxía á carta, xerar alta cualificación profesional e producir un efecto tractor sobre o tecido produtivo local.
Pola súa banda, o CDTI deu a coñecer os detalles da convocatoria que publicará proximamente e na que as empresas galegas poderán presentar proxectos de Compra Pública Precomercial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217