Provincia
Arde un garaxe dunha casa cun turismo en Pontevedra
Un incendio nun garaxe dunha vivenda particular, situado no concello pontevedrés de Pontedeva, mobilizou esta mañá aos servizos de emerxencia.
Ao fío das 09:25 horas, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta dun lume no garaxe da súa vivenda. Ademais indicaba no seu relato, que no interior do recinto non había ningunha persoa.
Axiña, os profesionais do 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros de Terras de Celanova e aos axentes da Garda Civil. Ademais, solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil de Cortegada e da localidade.
Unha vez extinguido, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que ardera, completamente, o garaxe situado na planta baixa da vivenda. Tamén, indicaba que no interior arderan dous vehículos, un coche e unha motocicleta, ademais de varios obxectos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11