Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Domingo, 28 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Picaraña volve vivir a tradicional romaría do 1 de maio

O concello informa que ademais de xogos tradicionais, mercado agro-ecolóxico e actividades deportivas a veciñanza poderá participar no xantar popular e desfrutar das zonas de acampada que deberán ser solicitadas na bibliotea municipal

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar nas actividades do vindeiro día 1 de maio na que se volverá vivir unha nova edición da romaría popular, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.


Dende as parroquias de Arcos, Bugarín e Prado subirán unidos como romeiros os veciños e veciñas para chegar á  Picaraña.


Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa (noite do 30 de abril ao 1 de maio), a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera,  quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.


[Img #52650]Para poder acampar sen ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuíto, nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, só terán que se inscribir na oficina da OMIX, na Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana. Lembramos que a inscrición é totalmente de balde.


Nesta actividade transversal organizada por distintas concellerías colaboran as comunidades de montes veciñais en man común de Arcos, Ponteareas e Prado, as asociacións veciñais de Arcos e Canedo, os centros culturais de Arcos, Bugarín e Prado, o grupo scout BosqueTea e os Caminhantes do Condado.


A concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Hortensia Bautista, convida a ir vestido de romeiro e romeira do século XIX con instrumentos musicais para facer festa.


Comezamos o 30 de abril co II serán, continuando con xogos tradicionais, actividades deportivas, mercado agro-ecolóxico e xantar popular que completan a oferta de lecer do día 1 de maio na Picaraña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.