MOS
O boxeador mosense Juan Rivera a piques de dar o salto ao ring profesional
O Kick Boxing Mos segue acumulando vitorias. O equipo adestrado por Juan Alonso convértese nunha fábrica de campións. Todo ocorreu o pasado sábado 20 no concello de Foz, nesta ocasión acudiron con tres competidores, dous na modalidade de kickboxing (lowkick) onde Alberto Simón venceu aos puntos a Arias Maira colocándose así na final do Campionato Galego de Kick Boxing que se celebrará posiblemente no mes de Maio.
Ares García, o Junior do club, debuta dunha forma expectacular contra un rival que lle sacaba máis de cinco quilos e co combate gañado no último asalto sufriu unha fractura de tabique nasal por un golpe accidental cun cóbado tendo que parar a pelexa por decisión médica, e por último o xa máis que coñecido Juan “o diamante” Rivera, na modalidade de k1 venceu a un experimentado rival como é Adán Macareno, o seu adestrador cóntanos que está listo para dar o salto ao profesionalismo. Actualmente o equipo mosense adestra no ximnasio jhoven sport de porriño os martes e xoves de 20:30 a 22:00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104