Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 27 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Concello de Ponteareas multado con 314.000€ por verquidos continuados de augas residuais sen depurar ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de recibir comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na que se informa da imposición dunha multa de 314000€, concretamente 275.000,00€ de multa polo verquido de augas residuais sen depurar ao cauce do río Tea na mal denominada depuradora municipal e outros 39191,04€ en concepto de indemnización polos danos producidos no dominio público.



Na comunicación recibida polo Grupo Ecoloxista Adenco dase conta, nunha extensa xustificación, do por que da imposición desta multa, a raíz das denuncias presentadas tempo atrás por verquidos de augas sen depurar ao río Tea. A Confederación recórdalle ao Concello de Ponteareas que ten unha conducta reiterada, que foi sancionado anteriormente polos mesmos conceptos e que foi advertido desta posibilidade en anteriores ocasións.



Ademais, a Confederación indica que existen circunstancias agravantes, como son estar ante un feito con “trascendencia en relación coa seguridade das persoas e dos bens” pois estamos en augas destinadas a produción piscícola, nunha zona de protección para a vida dos peixes como é a Zona de Especial Conservación do Río Tea. Por este motivo, os feitos son constitutivos dunha infracción grave recollida no Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que podería ascender a medio de millón de euros de sanción.



Adenco, como leva indicando desde hai tempo e como leva facendo desde a súa constitución, continuará traballando a prol da conservación dun espazo único na comarca, no que podemos atopar especies en perigo de extinción e outras en regresión, como ten feito denunciando a construción de paseos agresivos e insostibles nas beiras do río ou a afección da mala ou inexistente depuración de augas residuais.



Pola contra, parece xa ridículo seguir esperando a actuación dos responsables políticos que, máis alá de difundir compromisos e acordos que non se materializan, continúan de costas ao río esperando que a solución caia do ceo. Mentras tanto, as multas terán que ser pagadas cos impostos de toda a cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.