PROVINCIA
O Rosal acolle a mostra da Deputación “Rompe. Xoga en Igualdade”
A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará este luns ás 12.00 horas na visita guiada á exposición protagonizada polas famosas bonecas “Barbie”

A sala de exposicións do Concello do Rosal acollerá dende este luns 29 de abril ata o vindeiro 31 de maio a mostra “Rompe. Xoga en Igualdade”, promovida pola Deputación de Pontevedra para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará ás 12.00 horas na visita guiada na que poderá verse a exposición, que ten por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias ante as situacións de desigualdade e discriminación das mulleres. A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
“Rompe. Xoga en Igualdade” é unha exposición itinerante, vangardista e rompedora, creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. As protagonistas son as famosas bonecas “Barbie”, que foron intervidas para denunciar, de forma impactante, a desigualdade entre homes e mulleres. Pretende “romper” e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades e do fin da discriminación contra o 52% da poboación.
As bonecas amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación. A seleccionada para a mostra foi a “Barbie” por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136