Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Adxudicada a terceira convocatoria do proxecto DepoIntegra Xoven da Deputación

A institución provincial oferta a 150 mozas e mozos 10 novas edicións de itinerarios formativos nas comarcas de Vigo, Pontevedra e O Salnés

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, en Xunta de Goberno, o servizo de formación da terceira convocatoria do proxecto DepoIntegra Xoven, que conta cun orzamento de 97.590 euros. Con esta iniciativa, vanse desenvolver 10 novas edicións de itinerarios formativos nas comarcas de Vigo, Pontevedra e O Salnés, nas que poderán participar un total de 150 mozas e mozos. Das 10 novas accións formativas só queda por adxudicar unha, que se fará na próxima Xunta de Goberno, unha vez se resolva o procedemento administrativo.

 

Máis polo miúdo, na comarca de Vigo levaranse a cabo os itinerarios formativos de “Caixeira ou caixeiro de comercio” (2 edicións), “Peixaría”, “Primeiros auxilios” e “Acompañante de transporte escolar” (2 edicións). No caso da comarca de Pontevedra, terán lugar as accións formativas de “Caixeira ou caixeiro de comercio” (2 edicións) e o de “Carnicería/chacinería”. Por último, a comarca do Salnés acollerá tamén o itinerario de “Carnicería/chacinería”.

 

Estes novos itinerarios, ao igual que todos os de DepoIntegra Xoven, inclúen contidos de formación específica, prácticas profesionais non laborais, formación presencial complementaria en inglés e ofimática, formación complementaria en liña en igualdade, busca de emprego ou emprendemento, e titorías e orientación de actividades.

 

Depointegra Xoven é un proxecto que conta cun orzamento global de máis de 2,5 millóns de euros, cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo é integrar no mercado de traballo a persoas de entre 16 e 30 anos, que non participan nos sistemas de educación nin de formación, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.  Realízanse itinerarios formativos integrados, para á obtención de certificados de profesionalidade para a mellora da formación e a empregabilidade. Os itinerarios compleméntanse tamén con accións transversais relacionadas cos idiomas, coa práctica profesional, as novas tecnoloxías e a igualdade de oportunidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.