Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 30 de Abril de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación arranca o programa anual “Conectadas” con 40 accións formativas

“Xestión Cultural Áurea S.L” adxudicataria desta iniciativa que busca promover a participación e o apoderamento das mulleres

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do contrato para a execución do programa anual “Conectadas 2019”, que será levado a cabo pola empresa especializada “Xestión Cultural Áurea S.L”. Trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen buscan a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento, apoderamento e asociacionismo.

 

“Conectadas 2019” conta cun orzamento de 324.000 euros con accións formativas que terán unha duración de 35 horas. En cada unha delas poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15 persoas. Contémplanse un total de 40 accións distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: Muller Emprende, Muller e Cultura, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ademais, impartirase un módulo obrigatorio de 5 horas de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

No pasado ano 2018, en Conectadas participaron máis de 4.500 persoas, a través de 306 entidades de 57 concellos da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.