SALCEDA DE CASELAS
En Salceda os socialistas pasan a ser a primeira forza de esquerdas
Movemento Salceda "que apoiou a candidatura de En Marea, e levando unha concelleira como candidata, obtivo apenas 150 votos en todo o concello"
Os Socialistas de Salceda de Caselas queren "agradecer á veciñanza da localidade a súa exemplar participación nas eleccións xerais celebradas o pasado domingo 28 de abril". A xornada que discorreu c"oa tranquilidade que requiren unhas eleccións democráticas, alcanzou no noso concello unha participación superior ó 75% do electorado" sinalan.
A candidatura do PSdeG-PSOE obtivo en Salceda de Caselas 1.339 votos, sendo o mellor resultado dos socialistas en toda a súa historia neste concello, converténdose na primeira forza de esquerdas, a pouco máis de douscentos votos da lista máis votada.
Este respaldo "anima aínda máis se cabe á Agrupación de Salceda de Caselas a traballar de cara ás municipais que se celebran o próximo 26 de maio". O Partido Socialista "foi o único dos partidos con representación no Concello de Salceda de Caselas que aumentou o seu número de votos con respecto tanto ás anteriores eleccións xerais con unha subida de 500 votos, que supón o 60% respecto das últimas eleccións xerais".
A Agrupación Socialista de Salceda considera "avalado o seu traballo con estes resultados en comparación co apoio recibido polos outros grupos con representación no concello salcedense". O goberno municipal de Movemento Salceda "que apoiou a candidatura de En Marea, e levando unha concelleira como candidata, obtivo apenas 150 votos en todo o concello, o que entendemos como unha falta de interacción entre o goberno municipal e a veciñanza que se ven denotando dende fai tempo e que se confirma con este resultado".
O Partido Popular a pesares de ser a forza máis votada na localidade perdeu catrocentos votos con respecto ás anteriores eleccións xerais e inclusive douscentos con respecto ás anteriores eleccións municipais, sendo ademais o PSdeG-PSOE primeira forza en 4 das mesas electorais. Con estes resultados os socialistas son a única forza que aumenta en número de electores en Salceda “o que valoramos coma unha nota de conformidade das veciñas e veciños de Salceda á labor do Grupo Municipal Socialista e que estamos convencidos de que se reflexará do mesmo xeito nas próximas eleccións municipais”, sinala a candidata á alcaldía Verónica Tourón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217