Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Homenaxe ao mestre gaiteiro Henrique Otero

[Img #52766]Ponteareas convida a todas as familias a desfrutar do memorial Henrique Otero, unha homenaxe a este mestre gaiteiro que  foi o primeiro profesor de Gaita dos Conservatorios de Galicia a finais dos 70, iniciando a súa docencia  no Conservatorio de Vigo de forma oficial aló polo ano 1978 cando o Ministerio de Educación aprobou a implantación da especialidade despois de él mesmo loitar coa Administración. No Conservatorio de Ponteareas polos datos que temos,  parece que tamén foi o primeiro profesor de gaita no ano 85/86.


O sábado 4 de maio ás 20:30 horas o auditorio municipal Reveriano Soutullo acollerá esta sentida homenaxe organizada polo conservatorio municipal e que nos ofrecerá un percorrido biográfico pola figura deste mestre gaiteiro a cargo de Charo Guerrero, estudosa desta salientable figura.


A continuación o alumnado do conservatorio de Ponteareas e Torroso (Mos) intrepretarán “Abrente no mar de Vigo”, ao ser o mar a temática preferida de Henrique Otero.


Seguirá a actuación da banda de gaitas Raigames, gaiteiros e gaiteiras que nos anos 80 foron alumnos de Henrique Otero e que hoxe se xuntan cada vez que homenaxean a figura do seu mestre. Pechará a homenaxe a banda de gaitas Tremiñado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.