Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
CONFLITO LABORAL NO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

Sindicatos denuncian o treceiro expediente disciplinario contra traballadores de Besada

Marcos Besada anunciaba no último pleno o terceiro expediente disciplinario contra traballadores municipais. O motivo, aseguran os sindicatos, foi o feito de que "os traballadores/as que os sufriron, pretenderon cumprir coa súa obriga cumprindo a lexislación, non aceptando 'ordes presuntamente ilegais', que poderían ter consecuencias penais para os mesmos".

Os sindicatos dos traballadores municipais de Saceda de Caselas veñen de emitir un comunicado no que arrementen contra o actual alcadde, Marcos Besada.

 

Os representantes dos traballadores asistiron ao pleno celebrado o luns 29 de abril, onde os empregados públicos e os distintos sindicatos,  se manifestaron coma ven sendo costume para defender os seus dereitos laborais.


Alí o alcalde, segundo explican nun comunicado, "anunciou con absoluto desprezo polos seus empregados/as e cunha prepotencia propia de quen se cree posuidor da verdade absoluta, que ía abrir un novo expediente disciplinario contra un traballador municipal, e non contento con iso, leu parte dos escritos privados e internos que este empregado rexistrou comunicando 'deficiencias' do seu departamento ao superior xerárquico".

 

"Dende o ano 1873 cando no concello de Salceda non se abriu un so expediente disciplinario"


"Dende o ano 1873 cando se xestan os municipios modernos, no concello de Salceda non se abre un so expediente disciplinario a un empregado municipal-explican- polo medio houbo dúas repúblicas, dúas ditaduras e máis de 40 anos de democracia. Pois ben con Marcos Besada de alcalde xa levamos tres aperturas de expedientes disciplinarios en 12 anos, e o peor de todo, é que todos foron por que os traballadores/as que os sufriron, pretenderon cumprir coa súa obriga cumprindo a lexislación, non aceptando 'ordes presuntamente ilegais', que poderían ter consecuencias penais para os mesmos. A xustiza dirimirá se iso é prevaricación administrativa" explican.


Aos empregados municipais e aos distintos sindicatos con representación no concello, xa "non nos sorprende nada do que pase con este señor, pois no primeiro expediente aberto a unha traballadora modélica, alá polo ano 2008 -con apenas uns meses no goberno-, se dirixiu a ela (que se atopaba chorando pola angustia da situación), e en presenza coma testemuñas da concelleira da súa área e os delegados sindicais, vociferou (palabras textuais segundo os sindicatos): “Aquí van rodar cabezas...”, “Ides ir a puta calle...”, “ti levache a ostia, pero lle puido tocar a calquera...” e outras xoias que non se poden reproducir nunha nota de prensa" aseguran textualmente no comunicado.


A actitude de cara aos empregados durante estes anos non e que mudase moito, "senón que empeorou"  aseguran, e denuncian presións "agora se pos unha camiseta negra ou vas aos plenos a protestar pola túa inxusta situación laboral, es 'carne de canon' para que te menosprecen, falten ao respecto, te acosen e finalmente... senón entras 'polo aro' te abran un expediente disciplinario se es funcionario ou intenten botarte a rúa se es laboral, pagando todos os veciños e veciñas de Salceda auténticas barbaridades en indemnizacións e despidos irregulares" aseguran os traballadores.


Os traballadores, na súa versión dos feitos, explican tamén que "esta é a situación, día a día, mes a mes e ano a ano.... dos sufridos empregados municipais da empresa que pagamos todos os veciños e veciñas de Salceda de Caselas, o noso Concello".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.