MOS
Arévalo asegura en Louredo que rematará o saneamento na vindeira lexislatura
A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, presentou este martes en Louredo o seu programa en materia de saneamento. En primeiro lugar, defendeu o acadado polo seu equipo de goberno nos últimos anos, conseguindo mudar o mapa do saneamento de Mos que nestes intres cubre a totalidade das zonas máis poboadas. Nestes últimos catro anos, o goberno de Arévalo investiu máis de 1,7 millóns de euros na rede de saneamento do municipio, con 12.000 metros de instalación acometida, 920 vivendas conectadas á rede de saneamento e 150 á rede de abastecemento. Só queda pendente para os vindeiros anos, segundo se comprometeu Arévalo, abordar o que queda por desenvolver, un dez por cento da rede total, co que na seguinte lexislatura, Mos tería o cen por cen do seu abastecemento concluido.
Foi durante o goberno de Nidia Arévalo cando se puxo en marcha o Consorcio de Aguas de Louro, conxuntamente cos concellos de Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Nos últimos anos, grazas ao traballo feito coas distintas administracións e co Consorcio, o concello conta cunha rede de saneamento e abastecemento da que antes carecía. Para abordar as zonas que quedan por conectar, precisarase unha inversión de 1,5 millóns de euros (máis IVE), segundo valorou hoxe a candidata polos populares á alcaldía de Mos.
Nidia Arévalo lembrou que os logros acadados polo seu goberno subliñan o seu compromiso en “dotar a todas as zonas poboadas do concello de abastecemento, de auga, nun tempo récord”, dando solución áxil aos veciños.
Na vindeira lexistatura abordarase a construcción do saneamento das parroquias de Cela, cun investimento de 408.000 euros; en Pereiras, cunha inversión de 314.000 euros; de Torroso, con 90.000 euros; dos coletores de Petelos, con 211.000 euros, e de Sanguiñeda, con 337.000 euros; Louredo, con 363.000 euros e Guizán, con 117.500 e Mos, con 156.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217