Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 01 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Hoxe máis de 430 persoas inician a participación no programa “En Ruta coa Depo 2019”

Participantes da Estrada, Meaño, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela e Vigo percorrerán recursos turísticos do Deza, do Condado e da cidade viguesa

Hoxe comeza o programa da Deputación de Pontevedra “En Ruta coa Depo 2019” no que, soamente ata o domingo, participarán 432 persoas. Serán 432 veciñas e veciños dos concellos da Estrada, Meaño, Ponte Caldelas, Redondela e Vigo que coñecerán o Castelo de Sobroso, o Castro de Troña, as Illas Cíes e visitarán os principais recursos turísticos de Agolada, Lalín, Vigo e Vila de Cruces.


A primeira saída terá lugar este mércores dende o concello de Ponte Caldelas. Participarán nela 54 persoas integrantes da Asociación de Mulleres de Xustáns que visitarán as Illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. O sábado, 4 de maio terán lugar cinco novas saídas. Así, 54 persoas da Asociación Club de Pensionsitas de Meaño e outras 54 da Asociación Fonte do Galo de Vigo coñecerán o castelo de Sobroso e o castro de Troña.

 

Amais, tamén 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais San Andrés de Vea na Estrada visitarán as Illas Cíes e percorrerán O Berbés.  Pola súa banda 54 integrantes da Asociación Coral Alvedosa de Pontevedra visitarán Lalín, coñecendo o Centro Castrodeza, o Museo Municipal Ramón María Aller, o pazo de Liñares, o Museo Galego da Marioneta e a Casa do Patrón.  Finalmente, 54 persoas do Centro Social Cultural de Cedeira de Redondela percorrerán os pendellos de Agolada, e en Vila de Cruces o Museo A Solaina de Piloño, a Fundación Xosé Neira Vilas e a Igrexa de San Salvador de Camanzo. O domingo, 5 de maio serán 108 persoas da ANPA A Fracha de Ponte Caldelas as que se despracen ata as Illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo.

 

O programa “En Ruta coa Depo 2019” oferta este ano 20.000 prazas e 32 rutas para gozar dun día de convivencia, con xantar e transporte incluídos, por lugares emblemáticos da provincia.  En liñas xerais, a través desta iniciativa a Deputación pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Tamén dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, así como promover os recursos máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.