O PORRIÑO
Alejandro Lorenzo obtén o compromiso da Xunta de duplicar a contratación mediante obradoiros
Lorenzo obtivo o compromiso do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria de poder modificar as ordes que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de persoal e para os Obradoiros e Talleres de emprego, dando opción aos Concellos que así o soliciten a financiar a contratación de máis persoas
O Porriño dobrará a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais e para os Obradoiros de emprego.
Así o anunciou esta semanao candidato á alcaldía, Alejandro Lorenzo, tras obter o compromiso do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, de poder modificar as ordes que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de persoal e para os Obradoiros de emeprego, dando opción aqueles Concellos que así o soliciten a financiar a contratación de máis persoas.
A medida proposta polo candidato popular, permitiría pasar das 20 contratacións (contempladas actualmente na convocatoria segundo o tramo que corresponde ao municipio) a 40 anuais.
Lorenzo propón a dotación dunha partida orzamentaria para contratación de Persoal para servizos municipais e para aumentar o número de alumnos/as das Escolas Obradoiro de Emprego
"A xeración de emprego foi sempre una das miñas maiores inquedanzas, un pilar básico do meu proxecto político e de xestión", apunta Lorenzo, "O compromiso obtido permitiranos prestar servizos municipais, que os últimos catro anos veñen sendo realizados por empresas privadas, con persoal propio, ademais de proporcionar a persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social un emprego e a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral".
Do mesmo xeito, a achega municipal multiplicará por dúas a oferta dos Obradoiros e Talleres de emprego a través dos cales persoas desempregadas reciben formación mentres traballan en tarefas que supoñen un beneficio para a comunidade.
"Reducir a taxa de desemprego foi, é e será unha das miñas prioridades e non escatimarei esforzos niso. É esencial retomar as políticas de formación e emprego dirixidas a mellorar a empregabilidade e incrementar as posibilidades de incorporación ao mercado laboral das persoas que se atopan sen traballo, implementar medidas de fomento do autoemprego e volver tecer a rede de colaboración entre os distintos axentes económicos do Concello", concluíu Lorenzo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163