SALCEDA DE CASELAS
Oposición e sindicatos rexeitan que Besada saque a unha praza o derradeiro día de mandato
Denuncian que estivo "12 anos sen preocuparse pola RTP nin o convenio de persoal"
"Precisamente, e como contradición, Marcos Besada rexeitou hai un mes asistir á chamada do Consello Galego de Relacións Laborais alegando que debía ser o próximo goberno quen asumise a responsabilidade desta negociación" explican.
O PP de Salceda de Caselas, do mesmo xeito que o resto de partidos da oposición e sindicatos (CIG, CCOO e CSIF), mostrou o seu “rexeitamento” á convocatoria da praza de Tesoureiro do Concello no derradeiro pleno municipal. O motivo é claro, “é un sen sentido” que despois de doce anos acórdese o último día de mandato de que ten que sacar o concurso público desta praza cando durante todos estes anos de goberno non se preocupou por negociar a Relación de Postos de Traballo (RTP), que non existe, nin o convenio do persoal municipal, tamén pendente. Precisamente, é o propio Marcos Besada quen se contradi con esta convocatoria cando o pasado 26 de marzo rexeitou iniciar o proceso de negociación proposto polo Consello de Relacions Laborais por consideralo “ilexítimo” a dous meses das eleccións municipais.
“Nós non estamos en contra de sacar a praza de Tesoureiro, pero consideramos que hai que facelo baixo o protocolo habitual e lóxico. En primeiro lugar haberá que aprobar a RPT, despois negociar o convenio e por último, cando saibamos cantas prazas hai que convocar, facelo. Con todo, Besada acordouse despois de tres lexislaturas de que hai un problema co persoal municipal e empeza a casa polo tellado agravando aínda máis a situación e poñendo a un traballador intachable no candeleiro político”, explica e critica Santiago Rodríguez Davila, candidato popular á alcaldía de Salceda.
A decisión do alcalde sorprendeu tanto á oposición como tamén ás organizacións sindicais. Así deixaban constancia diso os delegados sindicais nun comunicado no que “deixan ben claro o trato vexatorio e ameazante utilizado polo Alcalde os funcionarios”, destaca Davila quen tamén subraia desta nota a “prepotencia” á que se refiren os sindicatos cando describen a actitude de Besada e as “ordes presuntamente ilegais” que reciben do actual goberno local e que provocan a apertura de expedientes “se se negan a obedecelas”.
“Acoso laboral” e “persecución”
Precisamente, Davila denuncia "a 'persecución' e o 'acoso laboral' o que se está vendo sometido o actual Tesoureiro do Concello de Salceda por parte de Marcos Besada e do seu equipo, do mesmo xeito que outros funcionarios os que tamén tentaron 'machucar' por non 'deixarse manipular'”. “Este traballador é unha persoa cun currículo intachable, recoñecido e con moitos anos de experiencia no Concello de Salceda, é curioso que durante todo este tempo en que Besada estivo convivindo laboralmente con él non tivese problema nin se lle ocorrera convocar a praza a pesar dos conflitos do persoal municipal que veñen de lonxe e que non se interesou en solucionar”, conclúe o candidato popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217