MOS
O Festival de Cantiga Galega e un xantar as dúas citas para maio de ASOMAMOS
Serán os días 12 e 19 de maio respectivamente
O domingo 12 de maio ás 19.00 horas no auditorio do Multiusos das Pozas celebrarase o IV Festival da Cantiga Tradicional Galega de ASOMAMOS no que participarán o Grupo Cantaruxía da Asociación, a Coral Polifónica tamén da Asociación de Maiores de Mos e o Coro Galego do C.C. Abrente de Mos. A entrada será libre e de balde ata completar aforamento.
Ademais ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, organiza o seu XI Xantar que terá lugar o vindeiro 19 de maio no restaurante Manolo no Porriño. O evento contará con sorteos, agasallos e animación musical de sobremesa a cargo do Grupo de Gaitas da A.S.C. de Herville. Os interesados en reservar invitacións para este xantar poden facelo presencialmente no Local Social da Asociación, sito no edificio Multiusos das Pozas – Petelos, ou chamando por teléfono aos números 986 334 903 – 679 037 299 – 659 629 526. Tamén teñen invitacións os/as colaboradores/ras da Asociación das diferentes parroquias de Mos.
![[Img #52788]](https://xornal21.com/upload/images/04_2019/6368_cartel_xi-xantar-asomamos-2019.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217