SALCEDA DE CASELAS
O goberno de Salceda busca invalidar o voto dun concelleiro do Partido Popular
O goberno de Salceda, con Marcos Besada á cabeza, considera que o edil do PP "debia absterse"
O goberno de Salceda de Caselas acordou iniciar accións xudiciais para invalidar o voto dun concelleiro do Partido Popular, na oposición municipal, e poder sacar adiante o a creación da praza por concurso de Tesoureiro habilitado nacional tal e como establece o Real Decreto 128/2018 de 16 de Marzo de 2018.
Durante unha sesión plenaria celebrada o pasado luns, o edil Joaquin Núñez, que ademáis se presenta á reeleción como número dous do Partido Popular en Salceda, protagonizou un feito, que desde o goberno municipal, considérase "insólito na democracia: Votou en contra de nomear un tesoureiro habitado para non prexudicar ao seu irmán e fíxoo a pesar de varios informes técnicos, entre eles o da secretaria municipal, que consideraban que debia absterse" explican dende o goberno salcedense que manten un conflicto prolongado no tempo co persoal municipal.
O goberno de Salceda puxo en marcha o nomeamento do novo tesoureiro para cumprir a lei e porque "o departamento esta colapsado e necesita máis persoal, como o propio tesoureiro actual recoñeceu nos escritos enviados á concelleira de persoal" sinalan.
Debido á maioría tan axustada do goberno municipal, de Movemento Salceda, o voto de Joaquin Núñez, incumprindo a Lei que lle obrigaba a absterse porque o asunto estaba relacionado cun familiar en segundo grao, era decisivo en contra xa que a súa abstención, como debería terse producido, propiciaria que o asunto saíse adiante.
Agora o goberno local recorrerá á Xustiza para que o voto do edil sexa invalidado e por tanto o acordo de nomear o tesoureiro habilitado nacional, sexa firme.
O goberno de Salceda, con Marcos Besada á cabeza, considera que o edil do PP "debia absterse"O goberno de Salceda de Caselas acordou iniciar accións xudiciais para invalidar o voto dun concelleiro do Partido Popular, na oposición municipal, e poder sacar adiante o a creación da praza por concurso de Tesoureiro habilitado nacional tal e como establece o Real Decreto 128/2018 de 16 de Marzo de 2018.
Durante unha sesión plenaria celebrada o pasado luns, o edil Joaquin Núñez, que ademáis se presenta á reeleción como número dous do Partido Popular en Salceda, protagonizou un feito, que desde o goberno municipal, considérase "insólito na democracia: Votou en contra de nomear un tesoureiro habitado para non prexudicar ao seu irmán e fíxoo a pesar de varios informes técnicos, entre eles o da secretaria municipal, que consideraban que debia absterse" explican dende o goberno salcedense que manten un conflicto prolongado no tempo co persoal municipal.
O goberno de Salceda puxo en marcha o nomeamento do novo tesoureiro para cumprir a lei e porque "o departamento esta colapsado e necesita máis persoal, como o propio tesoureiro actual recoñeceu nos escritos enviados á concelleira de persoal" sinalan.
Debido á maioría tan axustada do goberno municipal, de Movemento Salceda, o voto de Joaquin Núñez, incumprindo a Lei que lle obrigaba a absterse porque o asunto estaba relacionado cun familiar en segundo grao, era decisivo en contra xa que a súa abstención, como debería terse producido, propiciaria que o asunto saíse adiante.
Agora o goberno local recorrerá á Xustiza para que o voto do edil sexa invalidado e por tanto o acordo de nomear o tesoureiro habilitado nacional, sexa firme.


























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217