Provincia
Dous accidentes de tráfico deixan catro feridos na provincia
Catro persoas resultaron feridas a pasada tarde en dous accidentes ocorridos na provincia de Pontevedra.
O primeiro dos sinistros tivo lugar na estrada que une as parroquias de Arcade e Ponte Sampaio, ao fío das 20:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente indicando que tres vehículos acababan de ter un accidente e unha persoa atopábase ferida.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso, ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Pontevedra e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, solicitouse a colaboración da Policía Local de Soutomaior e dos membros de Protección Civil de Pontevedra.
Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios trasladaron en ambulancia a tres persoas feridas ao centro hospitalario de referencia.
Bate contra unha casa
O segundo dos accidentes ocorreu preto da media noite no lugar de Abelendo no concello pontevedrés de Moaña.
Foi nese momento cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia alertando do sucedido. No seu relato, indicaba que un vehículo sufrira unha saída de vía e bateu contra a súa vivenda, ademais, o condutor atopábase atrapado no interior do turismo.
Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia informaban aos Bombeiros do Morrazo, a Garda Civil de Tráfico e aos axentes da Policía Local. Ademais, pediuse a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia para atender ao ferido.
Tras chegar ao lugar, os bombeiros descartaron o uso do material de excarceración, aínda así, foi preciso a súa intervención para a limpeza de líquidos que o turismo derramou na estrada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11