GONDOMAR
Alumnos do IES Terra de Turonio achega a compostaxe á veciñanza de Gondomar
Rapazas e rapaces instalaron unha carpa na que repartiron compost, imáns deseñados por eles e material informativo sobre como compostar
As rapazas e rapaces de cuarto da ESO do IES Terra de Turonio están a traballar para achegar a compostaxe á veciñanza de Gondomar da man do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Nesta pasada semana realizaron unha feira relacionada coas diferentes materias do instituto e un dos postos estaba destinado a informar a todas as persoas que por alí pasaban, entre elas, compañeiras do IES, pais e nais, profesorado e público en xeral, sobre o que hai que facer para compostar o lixo orgánico: os restos de comida e vexetais.
A intención desta actividade na que participou o alumnado é promocionar o proxecto que están levando a cabo para divulgar o proceso de compostaxe, xa que no concello existen centros de compostaxe comunitaria para que a veciñanza leve os seus residuos orgánicos, onde baixo a supervisión das mestras e mestres composteiros da Deputación se está a producir compost.
O estudantado realizou entre as persoas interesadas un xogo sobre o que se pode botar no composteiro, o que non se pode botar, e o que se pode pero con precaución. As e os que acertaban levaban un imán feito polas rapazas e rapaces. A todas persoas que participaban regalábaselle diferente material: trípticos (feitos por eles), un manual de comp0staxe, ou unha mostra de compost, entre outras cousas.
Tamén houbo unha entrevista para a radio do centro, onde a mestra composteira da Deputación asignada aos centros de compostaxe de Gondomar e dous alumnos máis explicaron todo o proceso de compostaxe e a necesidade de implicación da veciñanza para reducir os residuos que se levan a queimar a Sogama.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149