GALICIA
O sector conserveiro galego aglutina o 40% das fábricas conserveiras de España
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participa no acto de entrega das medallas Anfaco-Cecopesca 2019
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o potencial de futuro do sector conserveiro galego que aglutina, recordou, o 40% das fábricas conserveiras de España.
Nesta liña, e durante o acto de entrega das medallas Anfaco-Cecopesca 2019, Feijóo aseverou que as cifras desta asociación acreditan o excelente traballo feito nestes últimos anos, aglutinando a 252 empresas do complexo mar-industria en España, con 10.400 millóns de euros de facturación e que dan emprego a 26.000 traballadores no país, 12.400 en Galicia.
Así mesmo, destacou a aposta do sector pola internacionalización, reflectido tamén nesta asociación, onde case o 50% dos produtos das empresas de Anfaco-Cecopesca destínanse á exportación, estando presentes en máis de 140 países dos 5 continentes.
Destaca especialmente o traballo dos galardoados: María Luisa Lojo, Julio Carril, Margarita Soñora e Carmen Ferreiro, logo de 45 anos ao servizo da industria conserveira galega en distintas empresas
O presidente da Xunta referiuse a Anfaco-Cecopesca como unha peza fundamental para que o sector siga avanzando, proxectando a marca Galicia ao exterior e afrontando os novos retos a través da aposta polos produtos de alto valor engadido, a innovación e o reforzo da promoción.
Feijóo concluíu a súa intervención destacando aos premiados: María Luisa Lojo, Julio Carril, Margarita Soñora e Carmen Ferreiro, pola súa traxectoria e experiencia, logo de 45 anos ao servizo da industria conserveira galega en distintas empresas. “Parabéns por tantos anos de traballo e determinación e grazas pola vosa aportación a Galicia” dixo, referíndose tamén aos galardoados Fernando González Laxe, ex-presidente da Xunta Corina Porro, presidenta do Consello Económico e Social, e ao Senado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60