Mos
Arévalo proxecta ampliar As Baloutas con dous novos campos de fútbol
A candidata ás eleccións municipais presentou no UD Mos o seu programa en materia de Deportes para a vindeira lexislatura
A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, presentou hoxe nun encontro no campo mosense das Baloutas, o seu programa de goberno para os vindeiros catro anos en materia de deportes. Destaca a ampliación do devantido campo no que se engadirá ao espazo deportivo actual outros dous campos máis: un de 35 por 50 metros, para que xoguen equipos de fútbol 8 e outro de 20x40 metros para adestramentos. Con esta ampliación, a superficie deportiva dos 13.587 metros cuadrados actuais a 16.587 metros cuadrados.
Mos é un referente en deportes dentro da provincia de Pontevedra e, por iso, o programa para os vindeiros anos prevé tamén a reforma do pavillón de Sanguiñeda, logo de que na pasada lexislatura se reformase o Pena de Francia, adicado á deportista Soledad Castro; do novo pavillón de Castro-Mos, agora chamado Patricia Martínez, como a bailarina mosense, e a mellora integral do pavillón de Óscar Pereiro e a piscina municipal. Tamén se procederá a colocar leds en todas as instalación deportivas, incluída a mellora da iluminación do Campo do Louro. Nidia Arévalo comprométese nos vindeiros catro anos a seguir fomentado a práctica de deporte por parte dos mosenses con clases nos parques biosaudables, na piscina de San Eleuterio, promover andainas e rúas de senderismo, e ampliar novas modalidades deportivas aínda non asentadas no municipio como o atletismo ou o pádel. Tamén porase especial atención ao deporte no ámbito da escola, bucando a diversificación e o incremento da súa práctica, e co impulso de ligas entre colexios, de balonmán e baloncesto, como a que xa hai de fútbol sala.
Asemade, crearase a Oficina Municipal do Deporte, mellorarase a páxina web municipal no ámbito deportivo, traballarase para que a carreira BTT sexa unha cita de referencia e crearase unha carreira de trail, outra carreira popular e un evento de motor en colaboración con Mos Racing. Destaca no programa relativo a deportes a especial atención por potenciar certames de deportes adaptados, sempre contando cos colectivos máis sensibles do Concello.
Grazas a os convenios acadados co Real Club Celta, acometerase a mellora do campo do Alerta, de Sanguigueña, e o cambio da súa actual superficie.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217