Tomiño
O BNG de Tomiño presenta a súa candidatura para as municipais
Unhas 350 persoas acompañaron a Sandra González na cea de presentación do seu equipo
Sandra González, candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG, presentou este venres ao seu equipo, co que concorrirá ás eleccións municipais do 26 de maio. Nun acto con máis de 350 persoas que se deron cita no Restaurante As Colinas de Tebra. Sandra González agradeceu "o apoio e o cariño das veciñas e veciños de Tomiño, resaltou a importancia da participación no exercicio do voto na vindeira cita eleitoral, e comprometeuse a que, co seu equipo, o seu proxecto e coa confianza e o apoio das veciñas e veciños de Tomiño, o mellor está por vir".
A candidatura do BNG de Tomiño para as eleccións municipais está formada por 27 persoas, 17 titulares e 10 suplentes, nunha lista onde están representadas a totalidade das parrroquias de Tomiño, e que "combina a experiencia das persoas máis veteranas, co aire fresco de novas incorporacións de mozos e mozas de Tomiño. Un equipo de persoas ilusionadas, co coñecemento, a experiencia e a motivación necesarias para sacar adiante o proxecto que o equipo presenta para os próximos 4 anos".
"A consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados, como a humanización e mellora dos espazos públicos do Seixo, a reconfiguración e mellora dos espazos públicos de Goián, ou o remate da Senda do Rio Miño entre Goián ata Tui, e outros proxectos novos como a construcción da biblioteca, ou o centro de iniciativas agrarias forman parte das propostas de futuro" que, tal e como sinalou Sandra González, iranse presentando e explicando con detalle nos próximos días.
Sandra e o seu equipo, aseguran que xa "conseguiron nos seus anos ao frente do goberno liderar un cambio que fixo de Tomiño un referente da comarca, afrontan o futuro chamando aos seus veciños e veciñas á ilusión, a sentirse orgullosos e orgullosas do seu concello e de todo o acadado, pero a non conformarse, e seguir traballando por consolidar o proxecto de futuro de Tomiño".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49