Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 07 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Veciños da Guarda e Caminha realizaron a Ruta da Pedra e da Auga

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos realízanse en Galicia e Portugal.


[Img #52880]As andainas iniciáronse no mes de febreiro e o pasado mércores día 1 de maio realizouse a ruta da Pedra e da Auga e do Río San Martiño o martes 1 de Maio e rematarán coa ruta do Sendeiro do Miradoiro de Matacás o sábado 1 de xuño.


A PR-G171 Ruta Da Pedra e da Auga e do Río San Martiño, transcorre polo concello de Meis, onde os participantes percorreron un total de 20km de distancia comezando e rematando a ruta no mosteiro cisterciense de Armenteira.


A andaina estivo composta en realidade de dúas rutas. A da Pedra e da Auga con numerosos muíños restaurados que salpicados polas beiras do río Armenteira e a Ruta polo Río San Martiño. Nos arredores de Barrantes iniciouse a ruta polo río San Martiño que permitíu aos asistentes contemplar interesantes igrexas románicas (San Martiño e San Salvador de Meis) e espléndidas paisaxes da ría de Arousa.

 

Calendario 2019 de Andainas

ANDAINA 5.- SÁBADO, 1 DE XUÑO: SENDEIRO DO MIRADOIRO DE MATACÁS (CASTRO CALDELAS - OURENSE)
Distancia: 16,5 km
Saída: 9.00 h. da explanada da Sangriña
Hora aproximada de chegada A Guarda: 20.00 h.
Descrición: É a andaina de maior esixencia física das realizadas neste ano polo desnivel acumulado de subida de 1.141 m. Trátase dunha ruta homologada no 2018 (PR-G 237) na Ribeira Sacra ourensá, no concello de Castro Caldelas. No percorrido poderemos contemplar viñedos, soutos e sobreiras centenarias así como a espectacular panorámica sobre o Canón do Sil desde as Penas de Matacás.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.