Viernes, 17 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 16 de Abril de 2026 a las 22:53:25 horas

Xornal21.es
Lunes, 06 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Estafan presuntamente 110.569,52 euros ó Concello de Tui

O Concello formalizará hoxe, 6 de maio, denuncia ante a Policía Xudicial, por unha presunta estafa de suplantación de identidade da que puido ter sido obxecto.  Á maior  brevidade procederase ao nomeamento de avogado para a defensa dos intereses municipais e para lograr a recuperación do importe presuntamente estafado que ascende a 110.569,52 €.


O pasado 24 de abril responsables da empresa fornecedora afectada puxéronse en contacto co concelleiro responsable para notificarlle que levan un tempo sen recibir os pagamentos do Concello. A partir desta notificación abriuse unha investigación interna no concello. Tras analizar a situación constatouse que  a primeiros de xuño de 2018 recibiuse unha chamada telefónica no departamento municipal de Intervención, para solicitar o cambio de conta bancaria destinataria dos pagamentos do Concello. A funcionaria municipal comunicou que para realizar ese cambio era obrigatorio presentar certificado bancario por escrito. O 5 de xuño de 2018 recibiuse un correo electrónico confirmando por escrito esa solicitude dun cambio de conta bancaria, no que se axuntaba un certificado bancario e un escrito co logo da empresa.  A funcionaria municipal procedeu naquel momento a cumprimentar a solicitude da empresa, e no Concello non se tivo ningún indicio de que se podería tratar dunha estafa até o aviso da empresa do 24 de abril do 2019.


O pasado venres, 3 de maio, responsables municipais dos departamentos de Intervención e Tesourería, acompañados do alcalde, personáronse ante a Policía Xudicial de Tui para poñer no seu coñecemento o acontecido. O mesmo día solicitouse á entidade financeira, desde a que o Concello realizou as transferencias, a anulación e/ou retrocesión das realizadas a esa conta até a data.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.