Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 13:39:28 horas

Xornal21.es
Lunes, 06 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Alfonso Rueda: “Belén Villar vai devolver a ilusión a Ponteareas”

O presidente provincial chama á unidade en torno ao PP para poder conformar un goberno sólido e estable neste concello

O  presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Ponteareas necesita un cambio de rumbo liderado por Belén Villar, “que vai devolver a ilusión aos veciños cun proxecto integrador que impulse o emprego e as oportunidades”.

 

Durante o acto de presentación da lista que acompañará a Belén Villar na súa candidatura á Alcaldía da localidade nas vindeiras eleccións municipais, Rueda puxo en valor o traballo realizado estes meses por todo o seu equipo, no que se combina a renovación coa experiencia, e comprometeu todo o apoio do PPdeG.

 

Neste sentido, incidiu en que os populares “saen a gañar o 26 de maio”, situando a Belén Villar como a persoa axeitada para relanzar a labor desenvolvida durante a etapa de Salvador González Solla, ao que agradeceu os seus anos de esforzo e o seu compromiso con Ponteareas e coa actual candidatura.

 

Finalmente, o presidente provincial chamou á unidade en torno ao PP para poder conformar un goberno sólido e estable na localidade, definindo á candidata como unha persoa “valiente”, que pon ao seu concello por riba de todo. “Vai ser unha gran alcaldesa, con ideas novas, con vontade de ter boa interlocución co resto de administracións para avanzar nos proxectos necesarios e cun partido que ten experiencia de goberno e que sabe facer as cousas”.

 

 

 

 

A candidata á Alcaldía presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro día 26, que inclúe unha importante renovación, e incidiu na súa aposta polas parroquias

 

 

 

 

Pola súa banda, Belén Villar afirmou que “o proxecto que queremos para Ponteareas, e que devolverá a ilusión ao noso pobo, pasa por crear oportunidades de emprego, coa instalación de espazos coworking e o desenvolvemento de solo industrial como o de A Lomba”. Pasa tamén, abundou na súa intervención, “por xerar proxectos de ocio como as piscinas lúdicas ou a renovación dos nosos parques infantís”. 


“No camiño, tamén traballamos no que será o I Plan Estratéxico de Deportes de Ponteareas, para impulsar e apoiar estilos de vida saudables”, dixo, ademáis de “fomentar a marca Condado e o noso Corpus como a mellor sinal de identidade”.  


“Sí gañamos o 26 de maio, as parroquias terán o mesmo trato que o pobo, porque xa é hora de que servizos tan básicos como o saneamiento cheguen ao rural”, engadiu a candidata á Alcaldía, lembrando a súa pertenza a parroquia de Ribadetea.


SOBRE A CANDIDATURA
No tocante a súa lista, Villar puxo en valor que presenta unha renovación do 80%, destacando que está formada por xente “preparada e vencellada a Ponteareas”. “Unha candidatura da unidade”, apuntou, lembrando que  Salvador González Solla e Nava Castro pechan a lista de xeito simbólico.


“O 26 de maio temos que sair a gañar para que Ponteareas saia do letargo”, incidiu, mostrando o seu agradecemento “a todas as persoas que traballaron pola localidade ao longo destes anos, para que agora nós tomemos o relevo".

 

CANDIDATURA DO PP DE PONTEAREAS ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

María Belén Villar González
Andrés Sampedro Fernández
Silvia Fernandes Taboas
Francisco Jesús Represas Carrera
Rosa María Carrera Álvarez
Lina Limeres Antonio
Celesta María Barco Vega
Florentino Porto Prego
José María Rodríguez Mosquera
Manuel Regueira Regueira
Martín Hidalgo Bargiela
Rafael Martínez Pazos
Diego Alonso Vázquez
Lorena Freiria Prado
Sonia Novoa das Dores
Rogelia Tellado González
Emilio Martínez Toucedo
Virginia de la Salud Alfaya Rodríguez
Andrea Fernández Rodríguez
Antonio Álvarez Pedrosa
Aránzazu Perfecto Pacheco

Virginia Lorenzo Álvarez
Daniel Lorenzo Antúnez
Servando Álvarez Fernández
María Cruz López Galán
Amador González Martínez
Lorena Sousa Leitón
Manuel Lorenzo Bouza
Gabina Domínguez Estévez
María Nava Castro Domínguez
Salvador González Solla

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.