Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A igualdade protagonista do mural do alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón

Máis de 50 alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participarán mañá martes na presentación do mural que realizaron e que leva por nome “Des - Igualdade”

A igualdade de xénero é a temática escollida polo alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui para participar no programa DepoRúARTE 2019, impulsado por cuarto ano consecutivo pola Deputación de Pontevedra. Máis de 50 alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participarán este martes, ás 12:00 horas, na presentación dun mural realizado, baixo o nome “Des - Igualdade”, para facer fincapé na necesidade de romper con todas as desigualdades ás que nos enfrontamos día a día, especialmente na desigualdade de xénero.

 

DepoRúARTE xira este ano arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), ofrecéndolles aos mozos e mozas espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de actividades artísticas e lúdicas arredor das artes urbanas. Dentro dos ODS, o alumnado do IES Indalecio Pérez escolleu a temática da igualdade de xénero, sobre a que realizaron sesións para analizar comportamentos machistas e para estudar como se pode contribuír a lograr a igualdade real entre mulleres e homes.

 

Despois destas sesións no centro educativo, rapazas e rapaces do instituto tudense realizaron un mural-graffiti nun dos laterais do centro educativo. Xunto ao artista grafiteiro O Ras, debuxaron a nenos e nenas empurrando pola palabra “igualdade” e deixando fóra a desigualdade. O mural complétase cun fondo negro xigante coas letras en branco “contra a violencia”. Mañá martes, ás 12:00 h., presentarán o traballo realizado, nun acto no que tamén estará profesorado do centro, o artista O Ras e a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas.

 

Tras o seu paso polo CPI do Toural (Vilaboa) e polo IES Indalecio Pérez, DepoRuARTE 2019 desenvolverase en outros tres centros da provincia entre finais deste curso e o primeiro trimestre do próximo curso. Trátase dos IES de Chapela (Redondela), Antón Losada Diéguez (A Estrada) e Monte da Vila (O Grove).

 

A través de DepoRúarte 2019, dende a Deputación preténdese implicar este ano á mocidade na adopción de medidas que contribúan a dar cumprimento aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente na loita contra o cambio climático e as desigualdades. O obxectivo é seguir apostando pola arte urbana, pero poñendo en valor a importancia dos ODS. As temáticas que este ano tratan os centros son, entre outras, o consumo responsable, a acción climática, a igualdade, a paz, a fame cero ou a fin da pobreza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.