Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 07 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo promete transformarO Rebullón nunha residencia de maiores e un centro de día

A candidata á alcaldía de Mos do Partido Popular visitou hoxe as instalacións do centro acompañada da conselleira de Política Social, Fabiola García

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, anunciou hoxe, nunha visita ás actuais instalacións do centro acompañada de Fabiola García, conselleira de Política Social, que impulsará un proxecto de rehabilitación do Rebullón (edificio destinado hoxe en día a arquivo e almacén) para transformalo nun espazo social que incluirá unha residencia de maiores e un centro de día. Esta é a promesa máis destacada de Nidia Arévalo dentro do seu programa electoral en materia de política social para a próxima lexislatura. Mos é un concello, segundo lembrou a candidata á alcaldía, que adica a súa maior partida orzamentaria a asuntos sociais.

De feito, o ano pasado creou o programa Habitamos, un plan no que están chamadas todas as asociacións do municipio, para facer de Mos un concello exemplar en habitabilidade.


O Rebullón pertence á Xunta de Galicia a e acolle nestes intres obradoiros impartidos pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e o 061, que conta cunha base de ambulancias nestas instalacións.

 

[Img #52949]


 Outras cuestións que forman parte do programa electoral de Arévalo en materia de política social son o impulso de “Mos Axuda”, a través dos servizos sociais municipais, o impulso do Centro de Día de Petelos co programa de Respiro ás familias, obradoiros e charlas, e especial atención as enfermos de Alzheimer, o mantemento das actuais oito vivendas sociais, conseguir a lista de espera “0” no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a continuación do servizo de teleasistencia e o programa Xantar na Casa, así como o continuo apoio ás organizacións de Mos como Asodifisi, EVD Galicia, Aceesca e Cogami.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.