Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 08:41:58 horas

Xornal21.es
Domingo, 12 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Tui Explora recolle 31 plans de sendeirismo, running, ciclismo e piragüismo

As propostas divídense en catro zonas: Centro Urbano, A Macoca, a Casa Forestal e o Alto de San Xiao

Esta semana presentouse na casa do concello de Tui o novo folleto turístico Tui Explora elaborado pola empresa Sherpa Project. Propón 31 plans para percorrer e coñecer 319 qms de Tui.  A presentación correu a cargo do alcalde de Tui e concelleiro de Turismo, Carlos Vázquez Padín, e o encargado do proxecto e responsable de Sherpa Project, Guti Martín Hermida.


Tui Explora percorre toda a cidade a través dun mapa vertical que vai dende o Monte Aloia até a beira do río Miño. Divide as propostas en catro zonas: Centro Urbano, A Macoca, a Casa Forestal e o Alto de San Xiao. E a súa vez en cada unha delas recolle rutas para realizar en familia, facendo sendeirismo, ciclismo, running/trail, paseos urbanos ou ruta náutica coma un paseo en piragua entre ribeiras do río. No folleto plásmase o nome, duración, distancia, e dificultade de cada ruta, que se complementa cun acceso con código QR á plataforma Wikiloc, no perfil Tui Explora onde se poden descargar todos os plans activos.


O folleto, en formato trilingüe e do que se editaron 15 mil exemplares, inclúe outras suxestións de eventos e lugares de interese para os visitantes como o mercado semanal ou a visita o Convento das Clarisas. Tamén recolle indicacións para organizar a viaxe en Tui no referente a transporte, aloxamento ou propostas gastronómicas cos respectivos códigos QR que enlazan ao apartado de turismo da web municipal tui.gal.


Co hastag #TuiExplora búscase a interacción dos usuarios en redes sociales, e a implicación do comercio coa colacación do autocolante deseñado para a ocasión coa imaxe dunha libélula, o hastag #TuiExplora e o código QR que da acceso ao perfil de Tui na plataforma Wikiloc.


Na presentación desta mañá o alcalde de Tui e concelleiro de turismo, Carlos Vázquez Padín destacou que “este folleto propón rutas para que os visitantes teñen unha ampla oferta que prolongue a súa estadía en Tui e tamén para que os tudenses coñecen mellor a cidade.”

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.