Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Barcia denuncia que “o PP atrasa a liquidación de 2018”

O candidato do BNG á alcaldía de Mos amosa a súa preocupación ante o incremento do gasto pola “voráxine electoralista” dos últimos meses

O BNG de Mos denuncia que "o goberno do PP está atrasando a liquidación do orzamento municipal do ano 2018". O candidato nacionalista á alcaldía, Gustavo Barcia, cre que esta demora é “intencionada” e afirma que a alcaldesa, Nidia Arévalo, “non está interesada en que se saiba nada sobre o estado real das finanzas do Concello antes das eleccións municipais”. Indica que a liquidación “permitiría coñecer datos tan importantes como a débeda bancaria, o montante das facturas que se recoñeceron e non se pagaron e o das facturas que aínda non foron recoñecidas e que, en consecuencia, tampouco foron pagadas”.

 

Dende o BNG lembran que a liquidación do ano 2016 presentouse no pleno en marzo de 2017 e a de 2017, en abril de 2018, pero a do último exercicio aínda non se levou e, segundo Barcia “non se sabe cando se levará”. A decisión de que os técnicos do Concello fagan a liquidación corresponde á alcaldesa, pero este ano aínda non se fixo pública a información sobre a débeda municipal.

 

Gasto electoralista

Gustavo Barcia considera que o goberno do PP “está tratando de ocultar o desastre económico do Concello” e teme que a débeda se disparara nos últimos meses. Considera que ”Nidia Arévalo está inmersa nunha voráxine de gasto electoralista” e manifesta a súa preocupación ante a situación que se poida atopar o novo goberno que saia das urnas tralo 26 de maio. Amósase contundente ao afirmar que “a falla de transparencia do PP nos leva a sospeitar que o Concello se atopa ao borde da bancarrota”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.