Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 07 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Alfonso Rueda: “Carmen Alonso garante traballo e xestión eficaz para O Rosal”

O presidente provincial destaca o seu talante integrador e dialogante e a súa determinación por chegar a acordos que permitan sacar adiante os proxectos

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Carmen Alonso “garante traballo e xestión eficaz” para que O Rosal poda seguir avanzando nos vindeiros catro anos. Neste sentido, puxo en valor a súa experiencia de 15 anos ocupando distintas responsabilidades no Concello da localidade, contribuíndo e dando impulso, xa como alcaldesa dende 2018, á labor desenvolvida polo seu precedesor, Jesús María Fernández Portela.

 

Durante o acto de presentación da lista coa que Carmen Alonso concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio, o presidente provincial destacou o talante “dialogante e integrador” da candidata, así como a súa vocación de servizo, compromiso incansable cos veciños e determinación por sacar adiante os proxectos clave para O Rosal en infraestruturas, saneamento, urbanismo ou instalacións deportivas, entre outras materias.

 

“Carmen Alonso é das persoas que saben pedir, que saben negociar e que saben ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir sacar adiante os pláns necesarios”, suliñou.  

 

 

 

 

A candidata á Alcaldía presentou a lista de 15 nomes coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro día 26 coa intención de gobernar para todos os veciños “sen excepcións”

 

 

 

 

“O Partido Popular presenta a mellor candidata e o mellor equipo posible en O Rosal”, engadiu Alfonso Rueda, incidindo en que o PP, un partido que ten experiencia e balance de xestión,  “vai sair a gañar” ás eleccións en todos os concellos de Galicia, confiando en obter un gran resultado o vindeiro día 26. Para elo apelou a unir forzas en torno ao proxecto dos populares para conquerir gobernos fortes e sólidos.

 

Pola súa banda, Carmen Alonso, que estivo arroupada por diferentes cargos e candidatos do partido na comarca do Baixo Miño, manifestou a súa vontade de gobernar “para todos os rosaleiros sen excepcións” se sae reelexida alcaldesa.  “Ante todo somos veciños e a miña prioridade será sempre atender aos veciños. Farei todo o que esté nas miñas mans por dar respostas aos problemas do día a día”, deixou claro Alonso antes de presentar a súa candidatura, integrada por 15 persoas. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.