Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudica as obras de mellora de firme no condado, A Paradanta e O Baixo Miño

Estas actuacións, cuxo inicio se prevé para o vindeiro mes de xuño, teñen un prazo de execución duns 4 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora de firme en varias estradas autonómicas ao seu paso polas comarcas do Condado, da Paradanta e do Baixo Miño, por un investimento de máis de 562.000 euros.

 

Estas actuacións, cuxo inicio se prevé para o próximo mes de xuño, foron adxudicadas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, cun prazo de execución duns 4 meses.

 

As obras consistirán na rehabilitación da capa de rodadura en diferentes tramos de varias vías autonómicas desta contorna, que presentan carencias, co fin de mellorar o seu estado de conservación e incrementar a seguridade viaria.

 

As reparacións levaranse a cabo na estrada PO-252, no Concello de Mondariz, no tramo entre o p.q. 3+820 e 4+000; na PO-254, nas travesías de Bugarín, Prado e Pías, nos Concellos de Ponteareas e Mondariz; ou na PO-262, entre o p.q. 0 e o 3+500, e na travesía de Vilasobroso, tamén no Concello de Mondariz.

 

 

 

 

Os traballos consistirán no acondicionamento da capa de rodadura naqueles tramos que presenten carencias en distintas vías autonómicas que se desenvolven polos concellos de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui ou A Cañiza

 

 

 

 

Outras estradas nas que tamén se actuará, no marco deste contrato, son a PO-400, no tramo entre o p.q. 0+100 e o 3+400; e na PO-403, dende o p.q. 0 ao 10+800, nos Concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas.

 

Este contrato tamén contempla melloras de firme no Concello de Tui, concretamente na estrada PO-404, ao seu paso pola parroquia de Guillarei; ou no Concello da Cañiza, na travesía desta localidade.

 

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.